A faciana menos recoñecida de Isaac Díaz Pardo, peza clave do libro en galego para a mocidade

Unha exposición recupera a memoria do intelectual galeguista como impulsor do libro en galego a través da editora Ediciós do Castro.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Con motivo da conmemoración do centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) vén de inaugurar a exposición 'O Castro, tamén na orixe da LIXG'. Nun momento no que este xénero se atopaba aínda en proceso de iniciación, ao redor da década dos 60 e despois da longa noite de pedra, Ediciós do Castro, fundada en Sada ao amparo da fábrica de cerámica de Sargadelos, apostou con forza polo libro para a rapazada.

Isaac Díaz Pardo, intelectual e artista galeguista, pintor e escritor. EUROPA PRESS - Arquivo
Isaac Díaz Pardo, intelectual e artista galeguista, pintor e escritor. EUROPA PRESS - Arquivo

Desde GÁLIX aseguran que botan en falta o recoñecemento do labor de Díaz Pardo "como impulsor do libro en galego". E por iso mesmo, esta exposición nace co "obxectivo de visibilizar o pulo que Ediciós do Castro deu á literatura infantil e xuvenil galega a partir do 1968 en que publica o primeiro libro de ficción 'Memorias dun neno labrego', de Neira Vilas". Ademais, esta editorial tamén sacou á luz catro coleccións diferentes: Narrativa pra nenos, O mundo do neno, Poesía pra nenos e Teatro pra nenos. 

A través desta mostra amósase unha análise xeral da época coa que se explica como Edicións do Castro nace como voceiro do grupo Sargadelos para dar resposta á necesidade de "recuperar a memoria e encher o baleiro de libros galegos imprescindibles en diferentes eidos". Ediciós do Castro formou parte do complexo empresarial de Sargadelos, xunto co Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside ou o IGI (Instituto Galgo de Información). 

A exposición poderá visitarse na Casa das Asociacións, Antiga Estación de Cornes, situada en Santiago de Compostela nos horarios marcados de apertura. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta