O diálogo do PPdeG: só acepta unha enmenda das 38 presentadas por BNG e PSdeG

Os populares xustifican a negativa en que "o 90%" das propostas son repetidas do ano anterior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

Os grupos de BNG e PSdeG queixáronse este mércores do escaso número de emendas aceptadas polo PPdeG ao articulado do proxecto de orzamentos galegos de 2021, que se tramitan no Parlamento.

A comisión de Economía acolleu este mércores o debate das emendas ao articulado para a elaboración do ditame das contas autonómicas, onde o PPdeG só aceptou unha emenda transaccionada das 38 presentadas polo BNG e o 8% das 72 do PSdeG.

Así, tanto Noa Presas (BNG) como Begoña Rodríguez Rumbo (PSdeG) queixáronse de que o Grupo popular non teña en conta as achegas da oposición. Mentres, o portavoz do PPdeG, Pedro Puy, xustificou que "o 90%" das emendas son repetidas do ano pasado, á vez que é "difícil" poder aceptalas.

Respecto diso, Noa Presas censurou a "oportunidade perdida" que supoñen estas contas de corte "neoliberal" nun contexto de pandemia, xa que só se incrementa en 400 millóns as cifras de Sanidade a pesar da situación existente pola covid. Nesta liña, Begoña Rodríguez Rumbo reprocha que a Xunta "non aproveite os fondos adicionais para reforzar os servizos públicos e cambien o sistema de recortes dos últimos 11 anos".

EMENDAS ACEPTADAS

No tocante ás emendas aceptadas, o Parlamento galego pasará a fiscalizar mensualmente operacións financeiras da Xunta e o Executivo autonómico tamén lle terá que dar conta, cada trimestre, de "a relación, porcentaxe e clase de participación" que manteña con calquera sociedade mercantil non pertencente ao ámbito público autonómico.

A Comisión de Economía aínda está pendente de pechar o ditame e as súas reunións prolongaranse ata o venres, pero o habitual é que os acordos iniciais que xa incorpora o informe do relatorio --co visto e prace do PPdeG, con maioría absoluta na Cámara-- vaian adiante, á espera de que se poida pechar algún outro consenso no debate en comisión.

Sesión de debate dos orzamentos galego na comisión de Economía. CAPTURA
Sesión de debate dos orzamentos galego na comisión de Economía. CAPTURA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta