Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/01/2021 | Actualizada ás 21:03
A Consellería de Sanidade notificou este xoves 14 falecementos vinculados á covid-19 en Galicia, co que o total de vítimas da pandemia sitúase en 1.499. Un número que triplica o das víctimas notificadas un día antes e que se ceba, especialmente, cos usuarios de residencias de anciáns.
Así, houbo falecidos procedentes dos centros de Tui, Xove, Ribadeo, Vimanzo e Ribeira. No Chuvi de Vigo facleceron dúas persoas da residencia Paz y Bien de Tui, unha muller de 86 anos e un home de 84. Na residencia DomusVi de Vimanzo tamén unha muller de 97 e un home de 78, igual que na Residencia integrada CEGADI de Santiago onde faleceron unha muller de 92 anos e un home de 78 procedentes da residencia DomusVi de Ribeira e unha muller de 93 que procedía do asilo de Ribadeo. Finalmente morreron outra muller de 89 en San San Bartolomeu de Xove.
Os sis restantes faleceron na Coruña, en Vigo, en Santiago, en Valdeorras e en Ferrol. Así, no Chuac faleceron unha muller de 77 anos e un home de 91, no Hospital Comarcal de Valdeoras un home de 96 asnos, no Chuvi un home de 64, no Chuf outro de 69 e no Chus un varón de 76. Todos eles tiñan patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.