Señores empresarios, ou si ou non ao artigo 7 da Constitución Española

A Carta Magna outorga relevancia ás organizacións de empresarios e empresas, as patronais. E non só a importancia de ser citados na principal regra xurídica. Dálles no artigo 7º a razón e o sentido de ser: “Contribuír á defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lle son propios” é dicir ao avance da sociedade defendendo os seus intereses de algún xeito son de todos. É isto así? Desde logo en Galicia non.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 20/01/2021

Comparte esta noticia
Ao amparo do marco constitucional nace en Galicia no 1981 a CEG para “a defensa dos intereses do empresariado galego ante as administracións, organismos e axentes sociais” como cita na súa páxina corporativa. Un interlocutor do agora chamado dialogo social. Xa a frase “defensa dos intereses ante” intrica na raíz constitucional, porén na CEG obvian a segunda parte do artigo 7, promoción tamén no eido social. 
 
Era lóxico, na transición, regular no curto artigo 7 unha protección aos sindicatos e en boa lóxica  ás patronais, estaba todo por construír e dotar de contido.
 
Mais a miña dúbida é. Hoxe precisamos a referencia constitucional aos sindicatos e patronais? Son hoxe os interlocutores precisos? Na miña opinión non. Hoxe son na maioría dos organizacións enormes lastradas pola débeda e a mala administración, en moitos casos sobre-dimensionadas e lonxe dos movementos sociais. Non se pode funcionar so contexto actual con organizacións fondeadas nos anos 80 do século XX. Mais o fallo non é o sistema, é a falta de adaptación á realidade, é certo que con excepcións, máis grave agora co cambio de paradigma que trae a COVID-19.
 
Galicia como País precisa dunha patronal forte e moderna, ou cando menos de entes empresariais que provoquen o avance social, que marquen a senda da inversión pública traballando a anos vista. Iso non é quen de facelo o modelo da  CEG, permanentemente en crise de identidade e sen proxecto de País, sen proxecto de Galicia, subsistindo unicamente para ser parte do dialogo social e do reparto de formación como unha sorte de xestoría.
Pouca fe teño no novo proceso da CEG, terá dirección e deséxolle sorte, mais estou seguro de que seguirán cos vellos métodos de ser unicamente unha pata do desfasado modelo tripartito de negociación, que fai que calquera movemento dinámico e de sinerxía no eido empresarial fuxa rapidamente dos marcos administrativos ríxidos do mundo tripartito, ogallá me trabuque.
 
Está é unha proba máis de que a Constitución Española ten que ser adaptada ao novo marco de relacións en moitos campos: políticos, sociais, laborais e  mesmo dixitais. Reflexiónemos, dende a COVID temos cada vez máis vida dixital, incluído teletraballo, están os dereitos de cada quen neste campo amparados pola CE?
 
Sorte a CEG, pero coido que eran mellor novos tempos e novas opcións, que se cadra xa están, pero que precisan dun impulso desde a  administración que acredite en entrar no século XXI.  

Exemplar da Constitución española
Exemplar da Constitución española | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA