Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2021 | Actualizada ás 12:24
O Sindicato Labrego Galego (SLG) prepara mobilizacións contra a prohibición de mercados agrícolas en varios municipios coa "escusa" do coronavirus. Nun comunicado, explica que, "a pesar de ser máis segura a compra neste tipo de feiras", "hai gobernos municipais que decretan o seu peche sen que exista ningunha orde oficial que obrigue a facelo".
Así, pon de exemplo que na última semana houbo varios concellos como Melide e Cambre que decretaron "unilateralmente" o seu peche. Dende o SLG cargan contra esta decisión porque, subliñan, "está demostrado que son máis seguras as actividades ao aire libre, onde habitualmente se celebran este tipo de feiras alimentarias" que os supermercados.
O sindicato destaca, neste aspecto, que nos establecementos comerciais modernos "é imposible controlar" a manipulación dos produtos nos estantes, a diferenza do que ocorre nos postos agrícolas. Ademais, lamentan que "se está forzando a persoas que facían a compra en mercados labregos a acudir aos supermercados, incrementándose o aforamento destes e, por tanto, os riscos de contaxio por aglomeración".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.