Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 22/01/2021 | Actualizada ás 21:20
O estado de saúde do gato Balín, atopado malferido tras seren disparado cunha escopeta de proxectís no contorno da avenida de Juan Carlos I en Pontevedra, mellora. A pesar de que os danos recibidos foron moi graves, e deixándolle unha das patas absolutamente esnaquizada, a operación saíu ben e agardase que poida recuperarse por completo das feridas e fracturas.
Así o cre o concelleiro de Benestar Animal de Pontevedra, Marcos Rey, que este venres achegouse esta mañá ata a Clínica Veterinaria Mourente onde foi operado o felino. Rey volveu pedir colaboración cidadá para dar co autor “deste acto de falta de humanidade e de extrema crueldade, que só pode ser obra dunha mente perturbada e que non ten ningún tipo de xustificación”. “Faremos todo o que estea nas nosas mans para identificar ao autor ou autores", destacou.
O edil do PSOE lembrou que o artigo 39 da Lei 4/2017 de Protección e Benestar dos Animais de Compañía contempla multas de entre 501 e 5.000 euros por sancións graves, “entre as que se inclúen maltratos que lles causen dor, sufrimento ou danos”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.