Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/01/2021 | Actualizada ás 12:03
O xefe do Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), José Manuel Vázquez, instou á cidadanía a reservar os servizos sanitarios "para aqueles pacientes que máis o necesitan", á vez que pide manterse "no círculo de persoas próximas".
Nun audio remitido aos medios de comunicación, alerta do incremento do número de ingresos con patoloxía Covid tanto en plantas convencionais como na UCI. "Temos que ser conscientes deste feito e tratar de reservar os servizos sanitarios para aqueles pacientes que máis o necesitan tanto con patoloxías covid como non covid que poidan ser graves", recalca.
Por outra banda, sinala que no caso de ater algúns síntomas graves non hai que "ter medo de acudir aos servizos asistenciais". "A mellor forma contactar co sistema é a través dos servizos emerxencias do 061", apunta.
Mentres, apela a tratar de ser "máis conscientes que nunca que ao mesmo tempo que hai un maior número de contaxiados e hai tamén un maior número de contaxiosos". "E o risco que corremos de contaxiarse cando entramos en contacto con persoas que non son do noso ambiente habitual aumenta dunha forma moi importante, por iso tratamos de manternos no círculo de persoas próximas e contactar o menos posible con outros grupos", conclúe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.