Cardiólogos, representantes da Sociedade Española de Cardioloxía (SEC), a Fundación Española do Corazón (FEC) e eurodeputados españois solicitaron este venres a creación dunha Estratexia Europea de Saúde Cardiovascular que dea prioridade á prevención das enfermidades cardiovasculares, antes que ao seu tratamento.
  comenta   0
A Consellería de Sanidade publicou no portal de contratos da Xunta a licitación, por 150.884 euros, dos servizos de redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra das novas áreas de cardioloxía intervencionista no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
  comenta   0
Ramiro Carregal, mecenas do galardón, destacou a importancia de apoiar "o labor investigador que leva a cabo" na sociedade actual, sen a cal "non sería posible loitar" contra doenzas que minguan a calidade de vida dos pacientes.
  comenta   0
"Detectamos unha poboación obxectivo á que dirixir campañas específicas de formación e información sanitaria", indica a investigadora do IDIS Belén Cid, autora da tese.
  comenta   0
Ramón Hermida, investigador principal do Ensaio Hygia realizado en Galicia –o maior estudo no mundo sobre cronoterapia da hipertensión–, responde nesta entrevista as críticas vertidas por algúns directivos da Sociedade Europea de Hipertensión sobre os resultados conseguidos e que suscitaron unha polémica científica internacional.
  comenta   0
O Ensaio de Cronoterapia Hygia, realizado durante once anos en 40 centros de Atención Primaria, foi duramente criticado pola Sociedade Europea de Hipertensión por concluír algo até agora inaudito, que as persoas con presión arterial alta deben tomar os medicamentos antes de durmir, e non pola mañá, para controlar mellor a tensión e reducir riscos de morte ou enfermidade por problemas cardíacos ou vasculares. Os investigadores galegos cuestionan a validez das guías actuais da Sociedade Europea de Hipertensión e a independencia de quen as compón, e consideran que as críticas ao seu traballo son “nesgadas, insostibles e enganosas”, e “revelan intereses espurios”.
  comenta   1
A plataforma denuncia que esta situación provocará "agardas inasumibles" tanto para probas como para consultas e Sanidade di que busca substituto, pero non compromete prazos.
O CHUAC está ensaiando un fármaco contra a miocardía hipertrófica obstructiva, afección que está detrás de moitos casos de “morte súbita”. De momento os resultados están sendo positivos e segundo o departamento de Cardioloxía do hospital coruñés, con este fármaco podería abrirse a porta a novas expectativas para tratar as doenzas cardíacas.
  comenta   0
O obxectivo do proxecto é manter a calidade asistencial a través da telemedicina e a monitorización 'in situ', evitar o desprazamento deste perfil de paciente, e valorar a continuidade futura desta dinámica.
  comenta   0