Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2020 | Actualizada ás 12:12
A Unidade de Imaxe Cardíaca Avanzada da área Sanitaria de Santiago e Barbanza foi recoñecida polos Premios Novartis IESE á Excelencia Operativa en Xestión Sanitaria. Segundo informou esta área sanitaria nun comunicado, estes premios supoñen "un recoñecemento ás organizacións que contribúen á excelencia e sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde a través da innovación e as boas prácticas na xestión".
Tal e como indica a organización do certame na convocatoria correspondente ao ano 2020 recibíronse 68 candidaturas de hospitais, institucións sanitarias e organismos autonómicos.
O accésit logrado na categoría 'Iniciativas Innovadoras de mellora de procesos asistenciais que acheguen eficiencia ao sistema' foi o "único recoñecemento obtido por un centro sanitario galego neste certame", destacou a área compostelá.
"Coa Unidade de Imaxe Cardíaca Avanzada mellorouse o diagnóstico non invasivo en pacientes cardiolóxicos, maximizouse o rendemento diagnóstico, minimizáronse as demoras e optimizouse a realización das probas", destacou o xefe do Servizo de Cardioloxía do CHUS, José Ramón González-Juanatey.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.