Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2020 | Actualizada ás 18:12
A unidade de Marcapasos do Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) informou de que os profesionais da mesma desprazáronse na mañá deste martes a nove residencias sociosanitarias para facer o seguimento a un totaal de 31 pacientes.
Segundo informa o Sergas nun comunicado, o obxectivo é "realizar a monitorización do marcapasos de forma remota" e, como indica o especialista en Cardioloxía da unidade, Fernando García López, "en época COVID hase visto que estes pacientes son fráxiles e de alto risco". Por iso, con este paso rebaixaríase o risco ao "limitar a mobilidade e as visitas".
"E créase un vínculo directo ao Servizo de Cardioloxía", engadiu García López, quen estivo acompañado pola profesional de Enfermaría da unidade, Concepción Miralles.
O obxectivo do proxecto é manter a calidade asistencial a través da telemedicina e a monitorización 'in situ', evitar o desprazamento deste perfil de paciente, e valorar a continuidade futura desta dinámica en coordinación co persoal destes centros sociosanitarios".
O Sergas precisa que se fai o seguimento que correspondería no Hospital Arquitecto Marcide e, se hai algunha anomalía, realízase o seguimento necesario ou se indica a consulta física, "de ser precisa".
Tamén subliñou que se "extreman" as medidas de control e limpeza dos programadores entre paciente e paciente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.