A doutora do CHUS Amparo Martínez recibe o IV Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía

O premio, dotado con 30.000 euros, será entregado nas vindeiras semanas

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/03/2023 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

O equipo liderado pola doutora do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) Amparo Martínez Monzonís resultou gañador do IV Premio Internacional de Investigación en Cardioloxía 'Enfermidades valvulares cardíacas Ramiro Carregal'.

Diso informou nun comunicado a organización deste certame dotado con 30.000 euros e cuxo xurado preside o doutor José Ramón González Juanatey. O premio será entregado nas próximas semanas en Santiago de Compostela polo mecenas e empresario Ramiro Carregal.

A doutora Martínez Monzonís é cardióloga no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e preside a Asociación de Imaxe Cardíaca da Sociedade Española de Cardioloxía. Xunto con ela, forman parte do equipo gañador Ana García Campos, Brais Díaz Fernández, Violeta González Salvado, Sonia Eiras Penas e Ramiro Trillo Nouche.

O seu proxecto leva por título 'Estudo de marcadores prognósticos na insuficiencia tricuspídea (IT) significativa na era do tratamientopercutáneo: o papel das técnicas de imaxe cardíaca avanzada e a graxa epicárdica'. O xurado tivo en conta a relevancia que adquiriu nos últimos anos o estudo desta valvulopatía "esquecida durante moito tempo".

O equipo da doutora do CHUS Amparo Martínez Monzís recibe o IV Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía
O equipo da doutora do CHUS Amparo Martínez Monzís recibe o IV Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta