Triste Patria

Patria: terra á que un se sinte emocionalmente vencellado. Patria de pater, padre. Dalgún xeito, quizais, a terra do pai.

Por Marcelino Fdez. Mallo | A Coruña | 23/07/2013

Comparte esta noticia
Patria tanta veces desprezada, tantas outras maltratada. Patria á que se canta, pola que se chora, a que moitos han deixar atrás. 25 de Xullo, Día da Patria Galega, Día de Galicia para a medrosa oficialidade. Un día axiña pasa, graciosa concesión, unha vez ó ano e o fotocopiado ritual. 
 
Máis que nunca haberiamos demostrar que hai Patria e que hai Pobo. Patria –Terra– asoballada que escribiu Cabanillas hai case cen anos. Loitar contra quen agora a maltrata, dende dentro e tamén desde fóra. O bilingüismo da FAES, a pomada do narcotraficante, as mordidas dos construtores, a retribuída conivencia dos medios, as apertas eléctricas por unha investura, os contos chineses (ou mexicanos) para o naval, os mozos malfadados para a emigración… Patria: Patria lixada e depauperada.  
 
A Patria pide unión e dámoslle unha leira en cada curruncho, nunha praza, no parque aquel. Cada quen co seu discurso, cada cal coa arela propia. E unha manifestación pola soberanía. Pero escoitaron o Pobo, sentírono? Triste Patria.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Marcelino Fernández Mallo Economista coruñés con ampla traxectoria no sector financeiro galego e no mundo Internet. Colaborou con medios de distinta liña entre os que cabe salientar Vieiros, a Radio Galega e Xornal de Galicia. É autor das novelas Pallarega, A trenza ou Klásicos. Mantén o blog Atrenza.
@pallarego