O delegado do Goberno reivindica o papel do Exército e a súa colaboración nos hospitais de campaña

Por E.P. | A CORUÑA | 02/02/2021 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, trasladou este martes ao xeneral Juan Arrazola, xefe do Mando de Apoio á Manobra do Exército de Terra, "o seu recoñecemento polo papel asumido polos integrantes da unidade na loita contra os efectos da pandemia da Covid".

Ambos mantiveron a súa primeira reunión tras a entrada en servizo o pasado 1 de xaneiro da nova unidade da Forza terrestre do Exército: o Mando de Apoio á Manobra (MAM), cuxo Cuartel Xeral se mantén na cidade da Coruña.

Javier Losada agradeceu a resposta da unidade ás demandas das autoridades durante a pandemia. "Así, despregaron as súas capacidades en apoio á cidadanía por exemplo, a través de hospitais de campaña instalados ao longo do territorio, dentro da 'Operación Balmis'". "E ségueno facendo actualmente a través da 'Misión Baluarte', proporcionando seguridade á poboación", destaca.

O novo Mando de Apoio é unha unidade de primeiro nivel e foi creado o ano pasado no marco da nova estrutura do Exército, aprobada en xuño e con efectos desde xaneiro deste ano. Supón a substitución da Forza Loxística Operativa (FLO), tras unha traxectoria de 18 anos.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, reúnese co xeneral Juan Arrazola, xefe do Mando de Apoio á Manobra do Exército de Terra. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, reúnese co xeneral Juan Arrazola, xefe do Mando de Apoio á Manobra do Exército de Terra. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta