(Vídeo) Xoel López pon música ao novo éxito de Netflix cargado de actores galegos

A canción 'La espina de la flor en tu costado' servirá de banda sonora para 'El desorden que dejas', que contará, entre outros, coa actuación de Touriñán.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

Non para Xoel López. Logo de copar as listaxes de éxitos co tema 'Lodo' --convenientemente recuperado para a promoción do Camiño por parte da Xunta--, o cantante natural da Coruña vén de sacar un novo disco en formato íntimo que, agora, poñerá son a unha serie de Netflix chamada a ser un dos éxitos da tempada entrante. A peza, titulada La espina de la flor en tu costado' dará vida así á serie El desorden que dejas, do mesmo directo que a exitosa Élite.

Xoel López. CONCELLO DE MADRID - Arquivo
Xoel López. CONCELLO DE MADRID - Arquivo

Xoel López inicia así unha nova tempada logo de máis de dúas décadas guitarra en man contribuíndo a unha creación que, malia estar en castelán, ten algo de galego no seu ADN. A serie correrá ao cargo da produtora galega Vaca Films, á parte de contar con autores de traxectoria na TVG como Xosé Antonio Touriñán, Susana Dans --que actuou en A Vida por Diante-- ou Alfonso Agra, de Serramoura. Podes escoitar a canción a continuación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta