Ciudadanos envía unha carta á presidenta da CE contra o peche de Gamesa nas Somozas co apoio doutros partidos

O eurodeputado de Ciudadanos Jordi Canas sumou apoios e denuncia que a empresa levou millonarios empréstitos do Banco Europeo de Investimento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

O eurodeputado de Ciudadanos Jordi Canas mobilizou a eurodeputados españois de PSOE, PP e Podemos para dirixirse xuntos á Comisión Europea (CE) contra o peche das plantas de Gamesa nas Somozas  e Cuenca.

Así, suma sinaturas nunha carta dirixida á presidenta da Comisión Europea, Ursula Von Der Leyen, para que interveña, porque a empresa logrou millonarios préstamos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) para actividades en España.

Ciudadanos denuncia que estes peches supoñen "unha decisión sen xustificación económica nin industrial", que vai destruír 266 empregos directos e varios centos de indirectos "en rexións xa castigadas pola crise e o paro".

Nesta misiva, os eurodeputados piden a intervención do executivo comunitario ante este caso e envíanlle o manifesto redactado polos sindicatos sobre a deslocalización de ambas as plantas, dedicadas á fabricación e reparación de pas para aeroxeradores.

Europarlamento, o Parlamento Europeo en Bruxelas
Europarlamento, o Parlamento Europeo en Bruxelas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta