As mil miradas do gran Isaac Díaz Pardo, xa se poden ver en liña

Máis de 500 pezas dixitalizadas pódense revisar, xunto con outros materiais audiovisuais, na páxina web da Cidade da Cultura

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/02/2021 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

'As miradas de Isaac', a exposición retrospectiva que homenaxea ao intelectual galego Isaac Díaz Pardo no Museo Gaiás, xa se pode ver en liña a través da páxina web da Cidade da Cultura.

A directora do complexo, Ana Isabel Vázquez Reboredo, presentou este xoves a visita virtual. "Quixemos adaptarnos á pandemia e ás novas circunstancias porque a cultura é segura, a cultura segue. A tecnoloxía permítenos seguir levando a cabo proxectos, aínda que doutra maneira", indicou Vázquez Reboredo.

'As miradas de Isaac' é a primeira gran exposición sobre Díaz Pardo que, tras o seu falecemento en 2012, fíxose coincidir co centenario do seu nacemento. A mostra trata de "situar como merece na historia de Galicia ao responsable de achegas tan relevantes como Sargadelos, o Laboratorio de Formas ou o Instituto Galego de Información", entre outras.

A exposición, comisariada polos fillos de Díaz Pardo, Xosé e Camilo Díaz Arias de Castro, conta con 263 obras de arte, fotografías, publicacións, murais, audiovisuais e obxectos persoais de todos os ámbitos cultivados polo intelectual galego: a pintura, a cerámica, o deseño, a escritura e a iniciativa empresarial.

Isaac Díaz Pardo, intelectual e artista galeguista, pintor e escritor. EUROPA PRESS - Arquivo
Isaac Díaz Pardo, intelectual e artista galeguista, pintor e escritor. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta