Temas: COVID-19 CEPA USC

"Os super-contaxiadores seguen a ser 'o motor' da crise sanitaria actual", afirman investigadores da USC

Defenden que a culpa dos contaxios non é da nova cepa, senón das persoas que actúan como "catalizadores" do virus.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Os investigadores da USC Antonio Salas e Federico Martinón conclúen, tras analizar máis de 166.000 xenomas completos do SARS-CoV-2, que os super-contaxiadores "seguen a ser o motor da crise sanitaria actual por mor da COVID-19".

Antonio Salas e Federico Martinón.
Antonio Salas e Federico Martinón. | Fonte: USC

O grupo liderado por Salas e Martinón decidiu explorar o modelo de super-contaxio, analizando miles de xenomas do virus. Gracias a isto, lograron corroborar que unha boa parte dos contaxios explícanse por mor do super-contaxio. Segundo Salas, “é moi gratificante observar como afloran evidencias cada vez máis consistentes que indican a importancia do super-contaxio na transmisión do virus”.

Ademais, destacan que "responsabilizar a unha cepa do caos que estamos vivindo é unha enorme simplificación do algoritmo da pandemia", xa que que os super-contaxiadores son os “catalizadores perfectos” do virus e poden dar orixe a grandes gromos "máis alá de cal sexa a cepa predominante do SARS-CoV-2", insisten.

 

REVISTA SCIENCE

Os resultados da investigación foron divulgados como eLetter na revista Science, publicación que deu conta recentemente de dous eventos de super-contaxio sucedidos en Boston durante a primeira vaga.

O estudo de Salas e Martinón reacciona ante ese artigo: "agora que puidemos acceder a unha base de datos moito máis ampla e empregando exactamente a mesma metodoloxía que usamos en maio, detectamos estes casos, así como uns cantos de centos máis", explican.

Temas: COVID-19 CEPA USC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta