A Xunta di que houbo "incidencia cero" nos exames universitarios: "Outra cousa é o que se fai fóra"

Rodríguez confirma un "lixeiro incremento" do absentismo este curso e avanza un proxecto de atención psicolóxica a alumnos e profesores

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2021 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, asegurou que houbo "incidencia cero" durante o desenvolvemento dos exames presenciais celebrados en xaneiro nas facultades galegas, que son "espazos seguros".

"Outra cousa é o que se fai fóra das aulas, pero iso é unha responsabilidade dos estudantes universitarios, que son todos maiores de idade", engadiu, nunha entrevista concedida este domingo na Radio Galega e recollida por Europa Press. Nun contexto de polémica que rodeou á presencialidad dos exames durante a pandemia, Rodríguez dixo que aínda que os alumnos "parten duns medos lóxicos", non hai "ningún problema" se "se cumpren as normativas sanitarias". "Non coñezo ningunha incidencia no desenvolvemento dos exames, polo menos en Galicia", recalcou.

Sobre a Selectividade deste curso, destacou que xa o ano pasado demostrouse que estas probas tamén "se poden desenvolver nunha contorna segura e cunhas regras que hai que seguir". De face a xuño, é un asunto no que, lembrou, xa traballa a súa Consellería xunto coa Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego (Acsug).

INCIDENCIA NOS CENTROS

Nunha semana na que o balance da covid-19 na comunidade educativa galega chegou ao seu pico máximo, con case 4.000 positivos activos, o conselleiro destacou que nos últimos días houbo unha "redución progresiva" que demostra que as medidas e os protocolos do comité clínico, implementados polos centros, "están a dar resultados".

Tras relacionar o aumento dos casos coas interaccións durante o Nadal, insistiu na idea de que os colexios, institutos e escolas infantís son instalacións "seguras" nas que "non hai transmisión", xa que as cifras "evolucionan na mesma medida" que a situación epidemiolóxica do conxunto da sociedade.

"LIXEIRO INCREMENTO" DO ABSENTISMO ESCOLAR

Na entrevista na Radio Galega, o conselleiro de Educación recoñeceu que hai "un lixeiro incremento" do absentismo escolar este curso, aínda que Galicia está "nuns parámetros aceptables" porque "tampouco se xerou un pánico xeneralizado" pola pandemia.

O consellerio de Cultura, Román Rodríguez, en sede parlamentaria. XUNTA
O consellerio de Cultura, Román Rodríguez, en sede parlamentaria. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta