Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 13:38
Na mesma xornada en que o Sergas comeza a inocular a vacina de AstraZeneca ao persoal de axuda ao fogar, Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) remitiu un escrito á Consellería de Sanidade para solicitar que "ante a alta probabilidade de contaxio do sector debido ás funcións que realizan", se teñan en conta para priorizalo na vacinación contra a Covid-19.
O colectivo de profesionais da seguridade privada, sinalou nun comunicado, "está considerado como esencial" e exerce as súas funcións "en primeira liña de servizo en hospitais, organismos públicos, grandes superficies comerciais e transporte público, entre outros", lembra.
Tamén o Colexio de Traballo Social de Galicia (COTSG) enviou unha misiva á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e ás consellerías de Sanidade e Política Social na que esixe a vacinación con carácter inmediato dos traballadores sociais que exercer a súa profesión "en contacto prolongado e directo coas persoas usuarias deste tipo de servizos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.