O alcalde de Sanxenxo confínase no seu domicilio por positivo en covid-19

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 11/02/2021 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

O alcalde de Sanxenxo, o popular Telmo Martín, confinouse no seu domicilio tras ser diagnosticado como positivo en covid-19 a través dunha PCR. Así o ratificou o Consistorio, que difundiu un audio do rexedor no que explica que o Sergas lle acaba de confirmar o seu positivo e que traballará desde o seu domicilio posto que se atopa "ben".

Alfonso Rueda, Telmo Martín e Nava Castro en Sanxenxo,
Alfonso Rueda, Telmo Martín e Nava Castro en Sanxenxo, | Fonte: Xunta.

"Teño unhas décimas de febre, pero estou a tomar Paracetamol, como me receitaron, e seguirei traballando desde casa coma se estivesen no despacho", indica o rexedor.

"Facía PCR periódicas pola miña conta e sempre fun negativo, pero neste caso comunicáronme que son positivo", resolveu.

Posteriormente, o Consistorio informou de que o departamento de Prevención do Concello realizará este venres a partir das 9,30 hroas unha PCR a todos os traballadores do edificio consistorial e aos do departamento de Emerxencias. Polo momento non consta que haxa máis contaxiados, pero farase "por precaución".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta