Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 19:19
A organización ecoloxista Amigos da Terra carga contra o "modelo Sogama" e advirte de que "malos datos como os de Galicia" provocaron que 16 entidades denunciasen ao estado español ante a Comisión Europea pola xestión de residuos.
Segundo lembra, a normativa europea esixía a España reutilizar e reciclar o 50% dos residuos municipais en 2020, un obxectivo que, segundo a denuncia ante Europa, "non se vai a cumprir xa que se sitúa por baixo do 35%". "Galicia é unha das comunidades con peores datos, lastrando ao resto do estado cun 20%", de acordo cos datos que achega Amigos daTerra.
Respecto diso, lamenta "anos e anos de políticas erráticas" do departamento que dirixe hoxe Teresa Ribera e da Xunta de Galicia, con porcentaxes de recollida selectiva e reciclaxe "estancados" e "total desinterese" para fomentar a prevención e a reutilización.
Na denuncia, as entidades demandan "un cambio de rumbo inmediato" que, ao seu xuízo, pasa por traspor as novas directivas de residuos a través dunha nova lei de residuos "participativa e ambiciosa".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.