Investigan a morte dunha octoxenaria achada con mordeduras de can na Pontenova

O can puido ter trabado á muller cando xa estaba morta "porque tiña fame".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2021 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

A Garda Civil espera os resultados da autopsia que se lle procedeu a practicar a unha veciña da Pontenova de 85 anos de idade no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo tras ser achada morta na súa casa e con mordeduras de can.

Fontes da investigación, que sitúan o deceso fai "un par de días", puntualizaron que foi un sobriño o que achou o cadáver da muller, que presentaba mordeduras de can. Por parte da Garda Civil precisouse que "o médico non certificou a causa" da morte "ata que non teña o informe da autopsia", que se lle práctica no HULA.

As mesmas fontes aclararon que o cadáver "non" presentaba signos de violencia á marxe desas mordeduras e indican que agora para pechar o caso hai que esperar a ese informe do hospital.

Aínda que como cando se abre unha investigación barállanse todas as hipóteses, a que cobra máis forza céntrase en que a muller xa estaba morta cando o can a puido atacar e as mordeduras puidéronse deber á "fame" do animal.

Axente da Guardia Civil
Axente da Guardia Civil | Fonte: Arquivo Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta