Convocan unha concentración para o xoves en Madrid contra os peches de tendas de Inditex

CGT denunciou que o acordo alcanzado entre Inditex, CC.OO. e UGT "obriga a acollerse a indemnizacións ridículas ante a pésima calidade das vacantes ofertadas".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/02/2021 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

CGT convocou unha concentración o vindeiro xoves, 25 de febreiro, para denunciar os peches de tendas de Inditex durante o proceso de transformación dixital que aborda o grupo, que implica un cambio de modelo no que se aposta por tendas de maior tamaño, con ferramentas tecnoloxicamente avanzadas e a absorción das máis pequenas e con menor capacidade de adaptación a este modelo.

A concentración levará a cabo de 11,30 a 14,30 horas, fronte á porta de Zara da rúa Carretas de Madrid, segundo informou o sindicato, que denunciou que o acordo alcanzado entre Inditex e CC.OO. e UGT "obriga a acollerse a indemnizacións ridículas ante a pésima calidade das vacantes ofertadas". Esta tenda, segundo a organización, foi a primeira que abriu na capital, e botará o peche definitivo en poucas semanas.

En concreto, Inditex e os sindicatos UGT e CC.OO. asinaron a finais de ano un acordo que daba prioridade ao mantemento do emprego durante o proceso de transformación dixital que aborda o grupo, que contemplaba a absorción de entre 1.000 e 1.200 tendas en 2020 e 2021, das que entre 250 e 300 están situadas en España.

Segundo o acordo, Inditex ofrece alternativas de emprego nas áreas loxísticas do grupo e nos seus servizos centrais e fixa un límite quilométrico máximo de 25 quilómetros para os traslados a outros establecementos, priorizando sempre as vacantes en tendas próximas da mesma cidade ou localidades limítrofes. Ademais, se o traslado supón un cambio de domicilio, a empresa reembolsa os gastos de mudanza e abona os gastos nos que se incorra no traslado cun límite de 3.000 euros.

Zara Home. INDITEX
Zara Home. INDITEX

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta