Precisamos dunha nova política

A recesión económica e a corrupción sistémica descobriron a gravísima crise institucional que estamos a vivir, que abrangue tanto ao bipartidismo dinástico como as principais Institucións (Consello do Poder Xudicial, Tribunais Supremo, Constitucional e de Contas) xurdidas do pacto constitucional do 1978.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 11/08/2013

Comparte esta noticia
A propia Coroa está a ser abertamente cuestionada, xa quen non soubo  cumprir co seu rol constitucional de arbitrar e moderar o funcionamento institucional, converténdose de feito nunha peza esencial no proceso de “ocupación” das Institucións polas buocracias do bipartidismo. Tampouco cumpriu as súas funcións de integrar a pluralidade nacional española nin a de propor valores para previr unha corrupción que semella nunca lle preocupou substancialmente.
 
Son tempos, pois, dun novo paradigma, pero xa se sabe que nesta caste de situacións o vello tarda en morrer e o novo tarda en nacer. E o novo pode nacer despois dun proceso de xeración a xeito ou empeorar de xeito moi notábel a xa difícil situación que vivimos arestora. Porque o problema das desafeccións da Cidadanía coa Política é que son bó terreo para as experiencias autoritarias, sexan de fas, fosen de nefás. 
 
Para previr esta caste de experiencias ou tendencias, que están a definir o sistema político ruso e avanzan noutros países da Europa, compre construir unha nova Política. Unha Política inspirada nos valores democráticos e de cohesión e inclusión social que fixeron posíbel o equilibrio europeo entre liberdade, igualdade, iniciativa privada e benestar social. Mais, tamén, alicerzada en novos valores de transparencia internacional, participación, hexemonía da sociedade civil, cooperación e responsabilidade.
 
Galicia é un país dabondo cohesionado para enfrontar con posibilidades de éxito este proceso cívico e republicano de rexeneración cídadá. Mais o troco de paradigma será un proceso indubidábelmente complexo. Porque a nova Política non só vai precisar de novos valores e actitudes, senón dun novo concepto de acción política, moito menos baseado nas estruturas partitocráticas e máis no traballo horizontal cos axentes da sociedade civil e no dereito a decidir dos diversos níveis, evitando, por exemplo, impór unha única política de pactos locais a nivel xeral.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.