Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2021 | Actualizada ás 12:54
Os casos de Covid-19 nas residencias de maiores de Galicia seguen coa tendencia descendente e contan con 90 usuarios contaxiados, tras oito altas e ningún novo positivo, e 48 traballadores, despois de catro altas e cero contagios.
Así se desprende dos datos actualizados este luns polas consellerías de Sanidade e Política Social, nos que se retiran por negativizar sete usuarios da residencia DomusVi Laraxe de Cabanas e un da Milagrosa da Coruña.
Deste xeito, a DomusVi Laraxe conta con 39 casos entre os usuarios; A miña Casa Ferrol, con 18; A Milagrosa da Coruña e DomusVi Carballo, con catro cada unha; O Casón de Moeche e Fogar Residencial Xardín Castro Lareira de Salceda de Caselas, con tres en cada caso; e con dous se siúan a Residencia de Carballeda de Valdeorras, DomusVi Larouco, Quercus de Leiro, Residencia de Viana do Bolo, A miña Casa de Pazos de Borbén e Vivenda Comunitaria Urzáiz de Vigo.
TRABALLADORES
En canto aos traballadores, rexistráronse catro altas: dous traballadores da residencia As Angélicas de Vigo, un da Santa Teresa Jornet da Coruña e outro da Quercus de Leiro.
En canto aos centros de atención á discapacidade (CAPD) de Galicia, os usuarios infectados mantéñense en 17, sete deles na Juan Vidán Torres de Santiago e cinco na Pai Menni de Betanzos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.