Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2021 | Actualizada ás 11:45
A área Sanitaria de Santiago e Barbanza realizará na tarde deste mércores, 24 de febreiro, un cribado a 260 persoas do centro escolar CEIP O Grupo de Ribeira.
Segundo concretou esta área sanitaria, 260 persoas deste centro escolar son citadas vía SMS para acudir ao Hospital do Barbanza a partir das 16,30 horas para participar neste cribado. Por parte da área sanitaria compostelá pídese que os convocados asistan á proba e respecten a hora e data co fin de "evitar aglomeracións".
O CEIP Plurilingüe O Grupo de Ribeira conta con nove positivos e unha aula pechada, segundo os datos actualizados difundidos este martes pola Consellería de Educación.
TEST DE ANTÍXENOS
Pola súa banda, a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés destacou que os cribados poboacionais con test rápidos de antíxenos efectuados no municipio de Meaño non detectaron positivos de Covid-19 nesta localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.