Denuncian ao PP por vetar a entidades que presentaron unha proposta de normalización do galego

O obxectivo do documento é garantir que o alumnado termine a súa formación cunha competencia adecuada nas diferentes linguas cooficiais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2021 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

Un grupo de asociacións e representantes de diversos colectivos denunciaron este xoves o veto do PP á súa comparecencia no Parlamento de Galicia para presentar a súa proposta de bases para a normalización da lingua galega no sistema educativo, como alternativa ao modelo vixente regulado polo chamado 'decreto do plurilingüismo'.

Entre as entidades promotoras desta iniciativa, que se deu a coñecer o ano pasado, atópanse A Mesa Pola Normalización Lingüística, sindicatos como CIG-Ensino, CSIF e STEG, Anpas Galegas, Nova Escola Galega ou AS-PG.

Marcos Maceira, portavoz da asociación lingüística, acudiu este xoves á Cámara galega xunto con representantes do resto destas entidades, onde foron recibidos polas deputadas Mercedes Queixas e Noa Díaz, do BNG e PSdeG, para transmitirlles o seu apoio.

En declaracións aos medios, Marcos Maceira lembrou que esta proposta de bases foi presentada publicamente o pasado mes de xullo, posteriormente aos portavoces políticos con representación parlamentaria, e tamén se solicitou unha entrevista co titular actual de Educación, o conselleiro Román Rodríguez.

A deputada Mercedes Queixas solicitou a comparecencia destes representantes para expor a proposta no marco da comisión de Cultura e Educación. A pesar diso, lamentou Maceira, "a resposta foi o veto do PP" á súa presenza na Cámara . É por iso que solicitan que "se levante o veto" e que se tome conciencia do sentido dunha Cámara parlamentaria, que é sentar a "dialogar", aparcar as diferenzas ideolóxicas e políticas en beneficio dun consenso social.

DEBATE PLURAL

O representante da Mesa defendeu que este documento de bases foi elaborado tras un proceso de debate plural e sen exclusións, que aínda segue aberto aos diferentes posicionamentos e a novas adhesións.

O obxectivo de todos eles é garantir que o alumnado termine a súa formación cunha competencia adecuada nas diferentes linguas cooficiais, tal e como establece a lexislación.

A Mesa e representantes da comunidade educativa denuncian o veto do PP. A MESA
A Mesa e representantes da comunidade educativa denuncian o veto do PP. A MESA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta