Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2021 | Actualizada ás 12:09
O número de demandas de ruptura matrimonial --separacións e divorcios-- presentadas en Galicia en 2020 descendeu a 5.180, o que significa un 6,8% menos con respecto a 2019, cando se contabilizaron 5.560.
Segundo os datos difundidos este luns pola Sección de Estatística do Consejo General del Poder Judicial, os divorcios consensuados pasaron de 3.184 a 2.900, o que supón un descenso do 8,9%. Os non consensuados tamén baixaron un 16,6%, de 2.516 a 2.098. O ano pasado contabilizáronse 125 separacións de mutuo acordo, un 19,9% menos que en 2019, cando se rexistraron 156.
O informe tamén desvela unha diminución dun 10,9% das separacións contenciosas, ao pasar de 64 a 57. En 2020 interpuxéronse dúas peticións de nulidade matrimonial, as mesmas que no exercicio anterior.
Pondo en relación as demandas de ruptura matrimonial coa poboación a 1 de xaneiro de 2020, Galicia, no cuarto trimestre do ano, situouse en 5,7 peticións por cada 10.000 habitantes, por baixo da media estatal (6,1).
MODIFICACIÓNS DE MEDIDAS DE MUTUO ACORDO
O ano pasado iniciáronse 573 procedementos de modificación de medidas de mutuo acordo, un 8% menos que en 2019, mentres que as demandas de modificación de medidas non consensuadas foron 1.596, o que supón un descenso do 11,4%, segundo os datos que remitiu o TSXG.
Pola súa banda, en canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse 1.037 demandas de modificación de medidas consensuadas, o que supón un aumento do 14% con respecto ao período anterior.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.