Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2021 | Actualizada ás 20:45
A Consellería de Sanidade notificou este venres outra persoa falecida con coronavirus, polo que o total de vítima ascende a 2.290 en Galicia desde o comezo da pandemia.
Esta persoa, unha muller de 75 anos, contaba con patoloxías previas. A súa defunción produciuse no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).
A notificación dunha persoa falecida é a menor cifra no que vai de 2021, aínda que é habitual que Sanidade informe días despois de mortes que se producen en xornada anteriores tras a confirmación de Saúde Pública.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.