Os vetos na política

Á actividade política como acción necesaria para o bo goberno das sociedades, asignáronselle sempre ditos, frases e incluso refráns que sinalan a complexidade das solucións e acordos que hai que tomar cando se goberna. A nosa sociedade é moi diversa e si os electores son os que teñen a palabra, aos electos tócalle interpretalos e tomar decisións.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 15/03/2021

Comparte esta noticia

Escoitamos con moita frecuencia que, en democracia, hai que escoller entre o malo e o menos malo, sempre  primando o  interese da sociedade en xeral. Tamén se escoita con frecuencia que hai que buscar a solución menos mala, pois o que é bo para algúns  non se acepta por outros. E  asi poderíamos poñer milleiros de exemplos.  Máis facendo as excepcións pra illar as forzas políticas que predican o racismo, a xenofobia, o terrorismo e cousas semellantes, poñer en practica o veto e a exclusión dós electos, é cando menos un disparate e unha ofensa ás persoas que libremente elixiron a esas xentes.

O presidente do Tribunal Supremo (TS) e do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), presiden no Palacio de Xustiza da Coruña, a toma de posesión do novo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José Mar
O presidente do Tribunal Supremo (TS) e do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), presiden no Palacio de Xustiza da Coruña, a toma de posesión do novo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José Mar | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Por outra parte a postura de vetar agocha o medo a perder parte do poder, pois xa se sabe que, cando se negocia, hai que ceder parcelas de mando. E iso a moitos mételle medo pois ven reducir a súa influencia na sociedade.

Ultimamente  fálase do veto dos populares pra elixir ós membros  do poder xudicial; pois parece que non queren que un grupo non poida propor candidatos pra cubrir unha pequena  parte de maxistrados nese órgano da xudicatura. Pero non hai moitos días o tema  dos vetos tamén  o escoitamos na nosa cidade. Pois pra arranxar o tema do desgoberno no concello das Burgas,  o grupo do que depende  a solución, os populares,    veta  ó candidato que gañou as eleccións pra presidir o consistorio. Mais en tal veto non se fala de cuestións programáticas, nin de temas que afecten os cidadáns. Non. O que se intúe é como se fora un loita entre dúas persoas  que non se soportan e iso non é de recibo.  E claro, diante este veto a un elixido que gañou unhas eleccións,  moitos facémonos unha pregunta: como se chegou a un acordo con quen insultaba,  facía mofa  e escarnio do presidente do ente provincial, e pola contra se veta ise acordo con quen criticou e critica a forma de exercer o poder, pero non insulta nin menospreza.

Como é posibel que tendo asegurado a cadeira non ente provincial polo resto do mandato, se torpedee o cambio na alcaldía condenando ós ourensás a ter que estar o resto do mandato sufrindo unha  pandemia  que dilapida os cartos no concello e o creto desta cidade e da institución municipal.

Costa moito entendelo. Mais aínda,  é moi máis complicado xustificalo. Vivimos nun tempo  no que cando as cuestións públicas e a maneira de gobernar se levan ó terreo persoal, todo  indica que temos ó fronte das institucións a persoas de moi pouca valía. Persoas que se amarran o poder como lapas pois pensan que o mando lles pertence de por vida.

O poder engancha e cando este leva moitos anos nas mesmas mans ate un pode pensar que e dono da institución que goberna, e iso é un mal camiño. Os últimos acontecementos nos que esta implicado o alcalde Jácome, chantaxe pra forzar dimisións, etc.  a cambio de ofertar postos de traballo nun ente público, son o colmo dunha xestión caciquil, personalista e repugnante que non pode durar máis tempo. A actividade política como acción de goberno da cousa pública obriga ós populares   sentarse a falar e deixar aparcados os vetos. Esperemos acontecementos.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com