Lea entre a Xunta e o Goberno polo Pazo de Meirás: "pregúntome se falan entre eles"

Javier Losada insiste que a administración autonómica coñece as obas proxectadas para o Pazo despois de que Patrimonio lles requirira "un proxecto técnico completo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2021 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, alegou que a Administración autonómica é coñecedora das obras que se executarán no pazo de Meirás e que así se lle transmitiu por escrito, en resposta ao comunicado emitido pola Consellería de Cultura no que se incidiu en que as mesmas deben contar con "autorización" de Patrimonio pola consideración do inmoble como Ben de Interese Cultural (BIC).

En concreto, informábase que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural requiriu ao Goberno central "un proxecto técnico completo" no que se describan "en detalle" as intervencións o pazo ao considerar que a información remitida polo Ministerio de Facenda incluía unha serie de intervencións "cuxa documentación, unha vez analizada, resulta incompleta".

"Eu pregúntome se na Xunta falan entre eles", respondeu, a preguntas dos xornalistas o delegado do Goberno coincidindo coa súa comparecencia nunha rolda de prensa para facer balance da xestión do Executivo central durante a pandemia.

Así, recalcou que responsables de Cultura da Xunta, xunto con membros de Facenda e Patrimonio, "viron a situación e decidiron o que era urxente a realizar". Tamén explicou que se pediu por parte dos representantes autonómicos que o Estado enviase por escrito estes aspectos e ratificou que desde o Goberno enviouse o escrito a data "5 de marzo". "Enviouse toda a documentacion á Xunta para que tivese coñecemento das obras aprobadas por emerxencia polo Consello de Ministros", recalcou Losada, quen incidiu en que se fixo "facendo a tramitación que indicaron", así como os "requirimentos" expostos.

Javier Losada
Javier Losada | Fonte: Delegación do Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta