Por E.P. | A Coruña | 18/03/2021 | Actualizada ás 14:22
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, trasladou o seu apoio á construción dunha nova liña ferrovaria entre A Coruña e Ferrol, como expuxeron este mércores os seus alcaldes, o socialistas Ángel Mato e Inés Rey.
Losada fixou como "prioritario" para o Executivo a "vertebración" por tren de Galicia, así como o tramo entre ambas as cidades.
No entanto, culpou o PP da actual situación, en relación ás demandas existentes para lograr reducir o tempo de viaxe e contar cun transporte "competitivo" entre ambas as cidades.
"Vimos do que vimos, cero patateiro", sentenciou asegurando que o goberno de Mariano Rajoy non deixou "ningún papel" e denunciando a ausencia de proxectos redactados.
"O Goberno de Rajoy non fixo nada, non só paralizou o AVE, paralizou calquera proxecto de mellora ferroviario de Galicia", apostilou a este respecto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.