Novas voces da poesía galega homenaxean a Xela Arias

O Consello da Cultura Galega presenta “O equilibrio dos extremos”, un recital que pon en diálogo a obra poética da homenaxeada no Día das Letras.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/03/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Lois Alcayde Dans, Tamara Andrés, Antón Blanco, Alba Cid, Berta Dávila, Alicia Fernández, Rosalía Fernández Rial, Miriam Ferradáns, Gonzalo Hermo, Oriana Méndez, Arancha Nogueira e Ismael Ramos son poetas que forman parte do proxecto “O equilibrio dos extremos”, que toma o seu nome dun poema da propia Xela Arias. E, precisamente, o seu obxectivo é renderlle unha homenaxe a autora que é homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

Novos poetas galegos nunha homenaxe a Xela Arias
Novos poetas galegos nunha homenaxe a Xela Arias | Fonte: CCG

Todos eles comparten o feito de seren moi novos, nados a partir dos anos 80, que permite fusionar diferentes xeracións en consonancia coa personalidade da propia Xela. “Quixemos facer confluír neste abrente primaveral, o inicio dos actos de homenaxe do Día das Letras Galegas e facelo cun aceno ao espírito de Xela de atender ás vangardas e darlle unha oportunidade á xente nova de atoparse coa súa obra” apuntou a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), impulsora deste evento.

Aproveitando que estedomingo 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía, o Consello da Cultura Galega  presenta “O equilibrio dos extremos”, un recital que pon en diálogo a obra poética de Xela Arias coa destas novas xeracións de poetas. Nel, doce escritores e escritoras escollen un poema da autora de “Intempériome” que fan dialogar con outro que elaboraron expresamente para a ocasión.

“É unha sorte de festa poética que por mor das circunstancias actuáis sería complicado realizar con público e que levamos á rede para darlle unha maior difusión”, destacou a presidenta do CCG. Está acompañado dunha videocreación elaborada pola produtora Miramemira a partir das novas obras creadas para este recital. O recital poético “O equilibrio dos extremos” abre as actividades organizadas polo Consello da Cultura Galega para o Día das Letras Galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta