Galicia rexistra cinco novas vítimas con covid

Desde que comezou a pandemia son xa 2.315 os mortos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/03/2021 | Actualizada ás 20:48

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias galegas informaron de cinco novos falecementos de persoas diagnosticadas con coronavirus, o que eleva a 2.315 as vítimas mortais vinculadas coa pandemia en Galicia.

Así, Sanidade informa da morte de tres persoas o 17 de marzo. Trátase dun home de 82 anos no CHUAC, unha muller de 89 anos no CHUVI e un home de 73 anos no CHUS.

Un traballador sanitario totalmente protexido nunha ambulancia
Un traballador sanitario totalmente protexido nunha ambulancia | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Tamén informa doutras dúas mortes este 18 de marzo. Trátase dunha muller de 78 anos no CHUAC e doutra muller de 79 anos no HULA. Todos eles tiñan patoloxías previas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta