Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/04/2021 | Actualizada ás 19:15
O ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, anunciou que Adif licitará nas próximas semanas as obras de ampliación e mellora da estación ferroviaria de Santiago de Compostela.
Deste xeito, o ministerio fai efectiva a anulación da cláusula que condicionaba estas obras a que se superase os 3,5 millóns de viaxeiros. "Non chegamos a esa cantidade, pero licitaranse as obras" sen que ese limiar constitúa unha condición, indicou.
Ábalos explicou que "non existe ningún condicionante" que requira que se teña que elaborar un novo convenio, tendo en conta que Adif asumirá o 100% das obras, o que permitirá "ser máis áxiles". "Optamos pola licitación directamente das obras pola nosa banda, o proxecto está tecnicamente aprobado e xa lanzado o proceso para a ampliación", apuntou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.