Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 12/04/2021 | Actualizada ás 15:10
Un home de 50 anos, veciño de Ourense, foi detido pola Policía Nacional por tenencia e distribución de pornografía infantil.
O Grupo de Delitos Tecnolóxicos da Comisaría Provincial de Ourense tivo coñecemento de que alguén, desde unha conexión desta cidade, estivera enviando desde finais do ano 2019, e a través dunha rede social, "diversos arquivos de menores de evidente contido sexual".
Realizada a investigación polos especialistas do Grupo de Delitos Tecnolóxicos, localizouse a vivenda desde a cal se realizaron supostamente estas conexións, explica a Policía nun comunicado.
No rexistro realizado no domicilio a este home de 50 anos, interviñéronse diversos dispositivos de almacenamento vinculados aos feitos investigados. Así, a este home acúsaselle por un suposto delito de tenencia e distribución de pornografía infantil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.