Por E.P. | A CORUÑA | 12/04/2021 | Actualizada ás 17:21
A Deputación da Coruña e municipios preparan o impulso do parque do megalitismo da Costa da Morte despois da Covid, segundo informa o organismo provincial que explica tamén que o concello de Laxe toma a substitución a Dumbría na presidencia do comité de dirección.
O vicepresidente e deputado de Plans Provinciais e Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, reuniuse en Carballo con representantes do dez concellos participantes no parque do megalitismo.
Entre outras decisións, aprobouse a substitución na presidencia que pasa de Dumbría a Laxe e a aceleración das xestións municipais para completar a compra de dólmenes e menhires este mesmo ano.
Despois do parón debido á pandemia que obrigou o pasado ano a desviar o orzamento previsto para as primeiras actuacións do parque a outras urxencias, a Deputación da Coruña, a través do seu vicepresidente e deputado de Turismo e Plans Provinciais, Xosé Regueira, e os dez concellos implicados, decidiron impulsar este ano as distintas liñas de traballo abertas.
Por outra banda, a Deputación da Coruña abre este martes o prazo para que entidades sen ánimo de lucro soliciten as axudas para a realización de actividades de promoción económica este ano, segundo recolle a convocatoria do programa publicada este luns no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.