Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2021 | Actualizada ás 13:18
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, reiterou que se traballará nun inventario da obra de Luís Seoane, tras as "dúbidas" xurdidas sobre 18 traballos expostos en Lalín e atribuídos ao autor nunha mostra organizada o ano pasado polo concello pontevedrés co apoio da Xunta.
Coincidindo coa súa presenza na Fundación Luís Seoane, para presentar a mostra 'Moscoso Cosmos. O universo visual de Víctor Moscoso', remitiuse, ao ser preguntada se por parte do concello herculino se adoptarán novas actuacións, ao acordo por unanimidade do padroado sobre as medidas a adoptar.
"Un traballo que levará un tempo por parte da fundación", remarcou a alcaldesa, quen insistiu en que se irán dando pasos "no cumprimento dos obxectivos da fundación e na protección e difusión da obra do autor", dixo aludindo aos estatutos da propia entidade e os seus obxectivos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.