"Desta maneira, o espazo municipal, situado na rúa Panadeiras, converterase no primeiro de Galicia en integrarse na listaxe nacional, que ten como obxectivo agrupar os lugares nos que se desenvolveron feitos de singular relevancia para a memoria democrática", sinala o goberno local.
Identificados 30 proxectos de hidróxeno verde en diversas etapas de desenvolvemento en Galicia. I+D+i, iniciativas a partir de auga e fabricación de amoníaco e metanol centran estas actuacións.
  comenta   1
O Bispado de Tui-Vigo confirmou a presentación dunha denuncia ante a Garda Civil, o pasado 3 de decembro, pola falta de diversos obxectos de valor e documentos do Arquivo Histórico Diocesano e o Arquivo Capitular de Tui, aínda que matizou que "nada falta do inventario da Catedral e o seu Museo".
  comenta   0
Stellantis estuda nomear un novo CEO en substitución de Carlos Tavares. O presidente da compañía, John Elkann, atópase insatisfeito coas vendas do grupo en Norteamérica.
  comenta   0
A instalación producirá, ao ano, unhas 400.000 toneladas de pasta de celulosa, 200.000 toneladas de lyocell e 31.500 toneladas de biomasa. Para iso, a empresa promotora sinala que necesitará, aproximadamente, 1,2 millóns de metros cúbicos de madeira de eucalipto por ano.
  comenta   0
Iso despois de que a Xunta dese comezo ao procedemento. A declaración incluirá a propia rapa, a misa e o camiño previo cara ao recinto onde se corta as crines aos cabalos.
  comenta   0
A xuíza, ademais, indica que se tivo en consideración a disposición mostrada polo accionista maioritario do Real Club Deportivo (Abanca) "de prestar o financiamento suficiente para o cumprimento do convenio resultante tras a modificación".
É o punto de saída máis próximo para o traslado de pasaxeiros desde terra ata a Illa de Cortegada, incluído no Parque Nacional das Illas Atlánticas.
  comenta   0
O nome de Cerponzóns aparece por primeira vez de forma temperá o 30 de marzo do ano 1019, nun inventario da diócese de Santiago no cal se lle chama 'Serpetiones'. Mámoas, muíños e unha pedrafita moi particular, cun gravado de Serpe, elementos históricos e patrimoniais da zona que, por desgraza, sofren falta de coidados apropiados e algúns tampouco están catalogados profesionalmente. É conveniente que dende as administracións se cataloguen todos estes restos e se faga máis por conservalos.
  comenta   0
Cando en 1978 chegou a Galicia a musicóloga suiza Dorothé Schubarth coa pretensión de percorrer os lugares máis recónditos do país e procurar informantes para facer un inventario da música tradicional galega, no país estábanse a producir grandes cambio sociolóxicos.
  comenta   0
O proxecto Palcos, do CSIC, busca coñecer arquitectónica e antropoloxicamente esas construcións propias dos anos 70 exclusivas de Galicia. Ademais, aprecian que a festa actual está sufrindo unha volta atrás. "A tendencia nalgúns sitios xa está sendo a de prescindir de macroorquestras e volver a unha festa de dimensións máis pequenas". Hai comisións que din que "traer á Panorama está ben, pero o importante é conseguir que se manteñan as relacións entre os veciños, non tanto atraer a millóns de persoas á parroquia".
  comenta   0
O inmoble, declarado BIC, segue sen poder ser visitado. O Concello da Coruña di que presentará este ano a demanda para reclamar a propiedade.
A planta de aluminio esgotou todo o seu inventario e para temporalmente os seus fornos "debido a unha difícil situación de mercado, que inclúe os altos custos de enerxía e falta de pedidos de clientes", expón a empresa.
O pasado venres, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, xa informou de que se viven "problemas" na fundición, posto que só fabrican 50.000 toneladas das que se poderían fabricar, debido a que "os clientes deixaron de consumir polo problema industrial".
O pasado 28 de xuño o Concello de Ourense repartía as súas dez áreas de goberno e as delegacións de competencias nos seus concelleiros, nove en total máis o alcalde, quen asumía o maior peso coa Alcaldía, Recursos Humanos, Obras Públicas, Infraestruturas, Servizos Urbanos, Medio Ambiente, Turismo, Termalismo, Artes e Festexos, así como a Presidencia do Consello Municipal de Deportes.
  comenta   0
"As emisións de gases de invernadoiro causantes do cambio climático ascenderon a 19.096.905 toneladas en 2021, o que supón un crecemento do 3,3 % con respecto a 2020". "O maior incremento, do 19,9 %, rexistrouse no transporte", alertan.
  comenta   0
O informe da Conta Xeral de 2021 reprende ao Goberno galego por imputar gastos en exercicios que non corresponden. A Xunta rexistra con cargo a 2021 gastos de exercicios anteriores por 52,3 millóns
  comenta   0
O inventario forestal continuo de Galicia preséntase como unha ferramenta "pioneira" que eleva a 620.000 as hectáreas de frondosas
  comenta   0
En 2001 a Xunta encargaba ao Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) un inventario dos humedais do país. A investigación deu como resultado 1.100 espazos a protexer. Ese inventario quedou nun limbo oficial. Hoxe, máis de 20 anos despois, o Goberno galego só recolle 400.
  comenta   0
Pazos Couñago advirte que había máis facilidades de acceso co Franco e recita o "matarile rile rile" ao preguntarse polo ferrollo
  comenta   0
O Estado pediu, á súa vez, noutro de Madrid que se lles impida quitalos á espera de que se resolva sobre a propiedade
  comenta   0
A entidade ecoloxista recibiu nos últimos días varias alertas sobre crías de gaivota que caen dos tellados de vilas e cidades galegas por impacto da vaga de calor.
  comenta   0
O castro de Lestrobe é un recinto fortificado datado da Idade do Ferro recollido dentro do Inventario de Bens da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
Colectivos ambientais demandan á Xunta que free os proxectos enerxéticos planeados sobre estes ecosistemas. Detallan que a administración autonómica mira para outro lado ao non rexistrar os humidais porque "así é como se non existiran" e quedan abertos a centrais e muíños de vento.
  comenta   0
Entre os arquivos atópanse inventarios dos bens inmobles ou información sobre partes de maior interese artístico e histórico, que pasarán a estar integrados na biblioteca Galiciana.
  comenta   0