Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2023 | Actualizada ás 12:11
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns unha resolución pola que se inclúen 400 zonas húmidas no inventario de zonas húmidas de Galicia. O texto busca informar a aqueles interesados de que se pode acceder á visualización e descarga da cartografía dixital do inventario a través do visor creado polo Instituto de Estudos do Territorio (https://mapas.xunta.gal/visores/conservaciondanatureza/).
Co inventario perséguese estandarizar e organizar toda a información dispoñible relativa ás zonas húmidas, tanto xeral como territorializada. O que se busca tamén é dispor dunha base de referencia e proporcionar unha ferramenta para a planificación e xestión do patrimonio natural.
Entre as zonas incluídas está o Esteiro do Ulla, Ponte Beluso, Marismas do Coroño, Marismas do Morto, Marismas de Carregal e Artes, Esteiro do Tambre, Marismas de Esteiro, Rego de Rateira, Marismas de Caldebarcos-Carnota ou Ría de Lires, entre outras. Consulta toda a relación nesta ligazón.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.