Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2021 | Actualizada ás 09:00
A Asociación Hablamos Español, presidida por Gloria Lago, volve cargar contra a política supostamente "discriminatoria" que supostamente desenvolve a Xunta de Galicia no tocante ás súas comunicacións públicas. Desta vez, a denuncia da plataforma vai dirixida á cuestión que, por natureza, centra os avisos e propagandas da administración autonómica: a covid. E, máis concretamente, o certificado de vacinación anunciado por Alberto Núñez Feijóo.
"Ante el anuncio de una próxima expedición por parte del Servicio Gallego de Salud de un certificado de vacunación, le recordamos que tanto el gallego como el español son oficiales en Galicia", comezan apuntando dende a plataforma nun escrito que dirixen, directamente, ao actual Conselleiro de Sanidade da Xunta. Conselleiro ao que tamén afean que "exclúa" o español dos avisos para a vacinación e demais información sobre a covid.
A plataforma comandada por Gloria Lago sobre o ton para subliñar que, no caso de que o certificado de vacinación non vaia tamén expedido en castelán, non terán máis remedio que denunciar a cuestión --"una vez más"-- ante instancias europeas. Nos últimos meses, Hablamos Español xa manifestou un actitude crecentemente crítica coa Xunta de Galicia, á que mesmoa acusou, a finais do 2020, de "prohibir" o castelán.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.