Feijóo sobre o sketch machista de Land Rober da TVG: "Estivo francamente desacertado"

O presidente galego condena a actitude machista de Roberto Vilar, algo que non fixeron os dirixentes do seu partido tras a polémica.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/04/2021 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

"Estivo francamente desacertado". Deste xeito valorou o presidente galego a emisión dun sketch no programa Land Rober da TVG que foi considerado como machista por obrigar a unha moza a ter que falar coa súa exparella. Unha insistencia da que fixo gala o seu presentador Roberto Vilar.

Roberto Vilar e Luís Zahera falan por teléfono con Feijóo no Land Rober
Roberto Vilar e Luís Zahera falan por teléfono con Feijóo no Land Rober | Fonte: TVG

En todo caso, Alberto Núñez Feijóo lembrou que Vilar desculpouse polo acontecido, "algo que lle honra" porque, insistiu, "hai outras actitudes machistas de xornalistas, políticos ou actores que non se desculpan". "É evidente que cando quen é responsable do que di e fai, e tamén lle honra cando se desculpa", argumentou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

No programa de Roberto Vilar unha moza foi exposta a un encontro non desexado coa súa exparella que a controlaba. Na entrevista previa que o presentador lle realizou no exterior do estudio, o mozo recoñeceu que a ruptura se produciu polos seus "ciumes" e que a muller xa lle manifestou anteriormente que non quería regresar con el.

Tras a polémica xurdida escasearon os dirixentes populares que condenaron o acontecido, que logo saíron case en conxunto a denunciar unhas declaracións machistas do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, polo xeito de vestir da deputada Elena Candia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta