Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2021 | Actualizada ás 11:22
Galicia rexistrou 7.410 defuncións no terceiro trimestre do ano pasado, un 4,15% máis en relación ao mesmo período do exercicio anterior, mentres que os nacementos, un total de 4.011, baixaron un 2,76%.
Así o reflicten os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística correspondentes ao avance do terceiro trimestre de 2020. Ademais, tamén dá a coñecer os definitivos de 2019.
En canto ao avance do terceiro trimestre de 2020, as mortes distribuíronse entre 3.656 homes e 3.754 mulleres, con ese aumento do 4,15 anual.
Os nacementos, na repartición por sexos, foron de 2.067 homes e 1.944 mulleres, de modo que o total anotouse esa caída do 2,76% interanual.
Por último, o IGE tamén recolle unha redución do 31,6% no número de matrimonios, que alcanzou os 2.487 no terceiro trimestre do pasado ano. Foron 2.435 entre individuos de distinto sexo e 52 do mesmo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.