41 casos de absentismo escolar remitidos a Fiscalía neste curso marcado pola pandemia

As comisións provinciais constituídas pola Xunta e os concellos abordaron 108 casos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/04/2021 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

As comisións provinciais constituídas pola Xunta e os concellos para o seguimento de posibles situacións de absentismo escolar relacionadas coa pandemia abordaron 108 casos en tres provincias galegas durante este curso e 41 deles foron remitidos á Fiscalía.

Aula escolar
Aula escolar | Fonte: Xunta de Galicia.

En resposta a unha pregunta do PPdeG na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia, o secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luís Mira, puxo en valor a creación destes grupos de seguimento, que indicou que permanecerán activos mentres dure a pandemia.

Ademais, Mira detallou que os 108 casos abordados, que representan 0,03% da poboación escolar das etapas analizadas, repartíronse nas provincias da Coruña, onde se detectaron 57, Pontevedra, con 33; e Ourense, con 18; mentres que non se identificou ningún en Lugo. A maior parte destas situacións detectáronse en educación primaria e secundaria.

Tamén explicou que destas situacións remitíronse 41 ao Ministerio Fiscal e as demais foron solucionadas por outras vías, como os equipos de Atención Virtual ao Alumnado (AVA) ou a atención directa aos estudantes mediante ferramentas dos seus centros educativos. Polo momento, ao redor dunha trintena dos casos permanecen pendentes de resolución nas comisións á espera da recepción de información adicional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta