Unha marcha percorrerá Santiago este domingo para reclamar o "dereito á autodeterminación"

A Plataforma Vía Galega quere por de manifesto que Galicai "é unha nación con vontade colectiva de existir".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2021 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

Unha marcha convocada pola Plataforma Vía Galega percorrerá as rúas de Santiago de Compostela este domingo para reclamar o "dereito á autodeterminación".

Segundo trasladou a entidade convocante, que integra a máis de 65 asociacións culturais e sociais, a manifestación, cuxo lema será 'Galiza nación, un pobo con dereitos', buscará reclamar o dereito á autodeterminación e construír unha sociedade galega con "plena democracia, liberdade e igualdade".

A mobilización partirá ás 11,30 horas deste domingo da Alameda compostelá. Posteriormente, percorrerá as rúas da cidade ata a Praza da Quintana, que acollerá un acto final conducido pola actriz Isabel Risco no que intervirá a portavoz da Plataforma Vía Galega, María Xosé Bravo. Ademais, o escritor Suso de Toro e a actriz Neves Rodríguez lerán manifesto.

Esta manifestación culminará a campaña levada a cabo durante os últimos meses pola plataforma en Galicia para divulgar "as características que conforman a nación galega". Deste xeito, búscase a asunción de que Galicia é "unha nación con vontade colectiva de existir" e estender a "conciencia nacional" mediante unha loita contra o "engano" de que a comunidade representa "un país subsidiado".

Estreleira mecida polo vento
Estreleira mecida polo vento

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta