Detido o home acusado de apuñalar a tres persoas na Coruña e que logo se pechou nun edificio

O home ameazou con suicidarse, pero finalmente a Policía conseguiu que se entregara.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2021 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

O home que presuntamente apuñalou a tres persoas na Coruña e que logo se atrincheirou nun edificio e ameazou con suicidarse foi detido, confirmaron a Europa Press fontes da Policía Nacional. O suceso ocorreu sobre as 10,30 horas deste luns, no número 12 da Rolda de Nelle, á altura de San Pedro de Mezonzo, próximo a Catro Camiños.

Os feridos, con arma branca, son unha muller que sufriu feridas leves e que, tras ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña foi dada de alta. Tamén resultou ferida a parella da muller e un terceiro home. Fontes sanitarias consultadas por Europa Press precisaron que, de momento, permanecen no servizo de urxencias pero que se prevé que poida recibir o alta ao longo do día os outros dous feridos.

Tras os feitos vinculados coa arma branca, o home permanecía no oitavo piso do inmoble e ameazou con suicidarse. Finalmente depuxo a súa actitude e foi detido por axentes da Policía Nacional. Ao lugar trasladouse un negociador para tratar de conseguir convencer ao home e tamén efectivos do Grupo de Operacións Especiais e Seguridade (GOES) da Policía Nacional, así como axentes da Policía local e efectivos dos Bombeiros. Agora investigarase se ten vinculación con incidentes anteriores relacionado con tema de drogas.

Ronda de Nelle , na Coruña
Ronda de Nelle , na Coruña | Fonte: reparacionescoruapc-b4b.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta