Feijóo condena as ameazas "inadmisibles" a Marlaska, Iglesias e Gámez e traslada a súa "absoluta solidariedade"

Recibiron senllas cartas nas últimas horas que contiñan balas de diferente calibre e mensaxes ameazantes.

Por E.P. | VIGO | 23/04/2021 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, condenou este venres as ameazas recibidas polo ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, a directora da Garda Civil, María Gámez, e o líder de Podemos e candidato á Comunidade de Madrid, Pablo Iglesias, e advertiu de que son "inadmisibles" e "incompatibles" co Estado de dereito.

Así o trasladou, a preguntas dos medios, durante unha visita ao hospital Meixoeiro de Vigo, onde subliñou que "as ameazas no noso país son incompatibles co Estado de dereito e liberdades que conquistamos hai moito tempo".

Núñez Feijóo lamentou "este tipo de actuacións", e mostrou a súa "absoluta solidariedade" cos afectados. "É inadmisible calquera tipo de ameaza a calquera persoa, e tamén ás persoas que desempeñan e defenden os intereses públicos", proclamou.

Fernando Grande-Marlaska, María Gámez e Pablo Igrlesias recibiron senllas cartas nas últimas horas que contiñan balas de diferente calibre e mensaxes ameazantes.

O ex vicepresidente segundo do Goberno e secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias. EUROPA PRESS
O ex vicepresidente segundo do Goberno e secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias. EUROPA PRESS | Fonte: J. Hellín. POOL - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta