DOCUMENTO.- Críticas á volta de 'Superpiñeiro'

Acabanos de chegar unha carta que a sección sindical da CIG na CRTVG lle remitiu a Antón Losada na que critican a volta de 'Superpiñeiro' á TVG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/02/2007 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia
 

Ten vostede a certeza de que o que as persoas maiores queren é un programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro? Non preferirán pensións máis dignas, máis prazas en residencias e centros de día xestionados directamente pola Xunta para non teren que recorrer a centros privados? Non quererán unha TVG de calidade no seu conxunto? Ou é que aos nosos maiores non lles interesa o cine, a arte, a natureza, a literatura...? 

Dende a CIG lemos recentemente con estupor a súa felicitación á Dirección da TVG polo retorno á mesma de "Superpiñeiro" á fronte dun programa para maiores. Con estupor, si, porque non é que vostede felicite á TVG por lembrarse na súa "grella" dese segmento da sociedade senón que aplaude a contratación dunha persoa concreta para presentar un programa. En que se basea a súa ledicia Sr. Losada? Coñece vostede méritos para nós ignotos do Sr. Piñeiro que o fan garante de ser o "gran" por non dicir "único" profesional capaz de tratar cos nosos maiores?

Nós o único que lembramos del é o contido chocalleiro dos seus anteriores programas nos que o papel asignado ás mulleres era denigrante e de mero obxecto. Ou é que a vostede só lle preocupan os maiores e non o resto da sociedade? Perdóenos, Sr. Losada, pensabamos que ocupaba vostede un cargo público nunha Vicepresidencia da "Igualdade", na que non se recompensaba a aqueles que tiveron, activa ou pasivamente, tratos vexatorios coas mulleres. Ou é que non consideran vexatorio para o conxunto das mulleres o papel que xogaban as "azafatas" no programa "Supermartes"? É así como pensan vostedes avanzar na igualdade?

Di vostede "Nosoutros estamos aquí para lle dar á xente maior o que demanda" (sic). Que é o que demanda a xente maior, Sr.Losada? Ten vostede a certeza de que o que as persoas maiores queren é un programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro? Non preferirán pensións máis dignas, máis prazas en residencias e centros de día xestionados directamente pola Xunta para non teren que recorrer a centros privados? Non quererán unha TVG de calidade no seu conxunto? Ou é que aos nosos maiores non lles interesa o cine, a arte, a natureza, a literatura...? Por certo, fala vostede de atender a ese sector. Sabe vostede que na Radio Galega acaba de desaparecer a programación infantil? Acaso é que á Vicepresidencia non lle preocupa a infancia, Sr. Losada? Ao cabo, os cativos e cativas non votan.

Ou se cadra, aplaude vostede porque ese programa se faga por unha produtora allea á TVG, o que contribuirá, sen dúbida, ao enriquecemento dalgúns ao tempo que precariza as condicións laborais de moitos?

O realmente estraño, Sr. Losada, é que a nosoutros nos sigan causando estupor feitos como o retorno de Superpiñeiro á TVG, tendo en conta que como dicía o propio Xosé Manuel Piñeiro, "Pero que cambio?, se o único que faltaba era eu¡". E témoslle que dar a razón. Non só na meirande parte dos "rostros visibles" da TVG, senón tamén en boa parte dos cargos internos, seguen estando os mesmos que estaban co PP e que definiron esa Televisión á que tanto se criticou dende o BNG por sectaria e groseira.

Se cadra máis que polo regreso de Superpiñeiro e os seus aplausos a ese retorno deberiamos estrañarnos polos que aínda faltan por volver. Nese sentido, Sr. Losada, deberiámonos preguntar para cando o regreso de José Luís Moreno á TVG. Se cadra pronto nos soprende vostede felicitándose publicamente polo retorno de Carmen Mella.

San Marcos, 25 de xaneiro de 2007.

Sección Sindical da CIG na CRTVG e as súas sociedades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

7 gz@gz.gz

O de Superpiñeiro e o dos madís das Galescolas son caralladas que sacan os medios para que a xente non pense nos problemas reais (co obxectivo de denigrar ao BNG).

O BNG está loitando polo noso tecido industrial, coma sempre, podémolo ollar na defensa dos sectores da industria naval ou láctea. Unha vez mais, topamos coas políticas "solidarias" dos partidos españolistas que SEMPRE pensan en clave anti-galega.

Deixadevos de Superpiñeiros e outras hervas...

6 lagaitaenlacabeza

Con los Sindicatos hemos topado. Y ahora andan presionando para que hagan fijos a todos los temporales contratados ilegalmente. ¿Por qué no promueven una oposición libre, tanto en la telegaita como en la Xunta, y dejan de actuar como los delincuentes que son? Ahhh no, es que tienen que ganar votos sindicales, aunque sea de enchufados que son incapaces de ir con limpieza a un proceso selectivo. Menuda panda de kinkis inmorales

5 cascallás

!Manda truco!A CIG quere lava-la cara meténdose con Losada.
!Que medo dan as eleccións sindicais!
Vades levar un nabo ...
Pregunto ¿que diferencia hai entre a Pastora e Superpi, recomendados do PP e a Uxia e demais tropa , recomendados do BNG , que antes mamaron tamén da teta dos fachas?.
Calados estariades máis guapos-as.

4 desde el jergón

La CIG, además de a superpiñeiro, critica la vuelta de la construcción naval a Ferrolterra y ,gracias a ella, 1500 profesores interinos de instituto quedarán fijos por el morro, lo cual, lejos de denunciar bombásticamente todavía se nos vende como un logro y conquista social. "Chapeau", ¿verdad?

Y hablando más clarito: ¿como es que la CIG et ali. no denunció en todos estos años y años los abusos, tratos ésos sí vejatorios a empleadas contratadas y contrataciones pasadas por sábana de la Santa CRTVG?.

A éste gobierno le crecen los enanos, con el anterior los enanos engordaban y callaban.

3 un_calquera

"chapeau" CIG!
Vicepresidencia Demisión!