Galicia sería a terceira comunidade con máis humidais protexidos se as Illas Atlánticas entran na lista RAMSAR

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a criticar ao goberno galego por promover a candidatura das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade para "desactivar" a candidatura impulsada polo goberno local.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/04/2021 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

A entrada das Illas Atlánticas na lista RAMSAR de humidais de importancia internacional (cuxa candidatura foi ratificada a semana pasada polo Consello de Ministros) converterá a Galicia na terceira comunidade española, xunto co País Vasco, no que respecta ao número deste tipo de espazos naturais.

Así o puxo en valor este luns a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que realizou unha visita ao arquipélago das Illas Cíes, e que lembrou que, cando se ratifique a inclusión das Illas Atlánticas na lista RAMSAR, Galicia terá recoñecidos 6 humidais de importancia internacional, que suman unha superficie de máis de 16.000 hectáreas.

A conselleira lembrou que esta nova distinción suporá un impulso importante para o recoñecemento internacional da importancia e riqueza patrimoniais deste parque nacional, que reúne o seis figuras máximas de protección. Así forma parte da rede OSPAR de área mariñas protexidas, é Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), Zona de Especial Conservación (ZEC), Lugar de Interese Comunitario (LIC), Parque Nacional e, en breve, integrante da lista RAMSAR.

Os outros humidais recoñecidos en Galicia son a ría de Ortigueira e Ladrido, a lagoa e o areal de Valdoviño, o complexo intermareal Umia-O Grove-A Lanzada, o complexo de praias, lagoa e dunas de Corrubedo, e a ría de Ribadeo.

AVES MARIÑAS E VARIEDADE DE HÁBITATS

Segundo explicou o ornitólogo e divulgador Ignacio Munilla, que acompañou á conselleira na súa vista ás Cíes, o Parque Nacional Illas Atlánticas "consegue este status polos seus excepcionais valores naturais", vinculados con dúas cuestións: por unha banda, a importante poboación de aves mariñas e, por outro, a gran variedade de hábitats ligados a espazos costeiros.

A conselleira subliñou que as illas cumpren todos os criterios para ser humidal de importancia internacional e sinalou que a entrada na lista RAMSAR supón tamén un paso "fundamental" noutro proceso promovido pola Xunta, como é a declaración das Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.

CRÍTICAS DE ABEL CABALLERO

Pola súa banda, coincidindo coa visita da conselleira ás illas Cíes, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a criticar ao goberno galego por promover a candidatura das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade para "desactivar" a candidatura impulsada polo goberno local (e que inclúe só ás illas Cíes).

Respecto diso, o rexedor olívico denunciou que, "en dous anos", a Xunta non fixo "nada" para facer avanzar a súa candidatura e anunciou que, "a partir de hoxe", o Concello de Vigo reactivará a súa. Por outra banda, tamén denunciou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten "paralizada en Santiago" a obra de construción dunha nova estación potabilizadora, e insistiu en que esa infraestrutura hidráulica municipal debería ser financiada pola Xunta, xa que dá servizo a outros municipios, á marxe da cidade olívica.

Praia das Illas Cíes desde o miradoiro
Praia das Illas Cíes desde o miradoiro | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta