O Porto de Ferrol estréase na subministración de gas natural licuado a un cargueiro de peixe vivo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2021 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

O Porto de Ferrol acolleu por primeira vez unha operación de avituallamento de gas natural licuado (GNL) a un gran buque de transporte de peixe vivo. Así o informou a entidade portuaria ferrolá, que explicou que a subministración tivo lugar este luns pasado no denominado Novo Peirao, da dársena interior.

"O gas natural licuado é un 26% máis barato que o fueloil e moito máis eficiente desde o punto de vista ambiental, xa que reduce nun 100% as emisións de óxido de xofre e partículas, nun 95% as de óxido de nitróxeno e ata un 28% as de dióxido de carbono", lembra.

O buque que recibiu a subministración é o 'Bjorg Pauline', que acaba de ser construído no estaleiro turco Tersan Shipyard. Fixo escala en Ferrol na súa ruta cara a Noruega, onde terá a súa base.

Cunha eslora (longo) de 86 metros e unha manga (ancho) de 19, o barco foi deseñado para cargar 600 toneladas de peixe vivo. Ao servizo da industria do salmón, operará de forma ecolóxica polo seu sistema de propulsión híbrido de gas e electricidade, indicaron as mesmas fontes.

O avituallamento foi realizado por Repsol, que empregou dous camións cisterna de ESK que previa*mente foran cargados de GNL na terminal de Reganosa.

O Porto de Ferrol acolle por primeira vez unha operación de subministración de gas natural licuado a un cargueiro de peixe vivo.. AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL
O Porto de Ferrol acolle por primeira vez unha operación de subministración de gas natural licuado a un cargueiro de peixe vivo.. AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta